
CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO, o festival internacional de cinema fantástico de Galicia, comprácese en presentar “GALICIA IMAXINARIA”. Un ilusionante proxecto que levará o talento audiovisual fantástico galego a outros países. Fomentando o intercambio cultural entre festivais internacionais nun acordo sen precedentes, e achegando diferentes perspectivas e formas de entender o fantástico aos seus públicos. “GALICIA IMAXINARIA” é un relato visual da aprendizaxe, evolución e crecemento nos últimos anos do cinema fantástico galego en formato breve, para conectar Galicia co mundo, e o mundo con Galicia, a través do xénero.
E é que o xénero fantástico sempre foi unha gran ferramenta narrativa para explorar temas profundos e complexos. A través de mundos imaxinarios, criaturas imposibles e narrativas que desafían a lóxica, o xénero permitiunos, desde os seus inicios, reflexionar e abordar as preguntas e preocupacións máis apremiantes do noso tempo e albiscar a nosa realidade con maior claridade.
AS CURTAMETRAXES DE GALICIA IMAXINARIA
En “GALICIA IMAXINARIA” presentamos unha selección de curtametraxes, que resultaron premiadas en pasadas edicións do Festival, e que ofrecen un gran abanico dos diferentes estilos, temas e sensibilidades presentes no fantástico galego recente. Dándolle unha nova vida a estas obras e levándoas a países donde, na súa maioría, non foran exhibidos con anterioridade.

COMPAÑEIROS
Fernando Tato, 2022

IN HALF
Jorge Morais, 2024

MARE
Guille Vázquez, 2020

O QUE QUEDA DE NÓS
Miguel G. Abad, 2021

SOMBRA DO MAR
Sergio Pereda, 2021

TERATOMA
Jano Pita, 2021

XOGO DE NENOS
Miguel R. Berride, 2023
FESTIVAIS E EVENTOS PARTICIPANTES
«GALICIA IMAXINARIA»non sería posible sen a colaboración dos seguintes festivais e eventos, que ofrecen aos seus respectivos países e audiencias a posibilidade de gozar destas curtametraxes. Ademais, cada un destes festivais ofrece tamén ao público de CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO a posibilidade de gozar do talento da curtametraxe fantástica dos seus respectivos países. Moitísimas grazas por participar neste proxecto!









