
Hai portas que nunca deberían abrirse, pero en Curtas Festival do Imaxinario decidimos asomarnos ao outro lado. Este 2026, os antigos selos que mantiñan a raia o innominable comezaron a ceder, e a realidade tal e como a coñecemos ten os días contados. E nós queremos que o vivas desde a primeira fila.
Historias desde o limiar non son só relatos; son a crónica dunha loita desesperada por manter a estabilidade do noso mundo fronte a criaturas primixenias que xa golpean as paredes da nosa percepción. Funcionan como unha precuela do Festival que se publicarán periodicamente nesta páxina e que culminará na edición dun volume físico exclusivo, un grimorio moderno para os que non temen mirar á escuridade, que poderedes conseguir durante a vindeira edición (do 23 de outubro ao 1 de novembro).
A batalla pola realidade comezou en Vilagarcía. Atréveste a cruzar?
HISTORIAS DESDE O LIMIAR
OS AUTORES

MANUEL LOSADA
(Pontevedra, 1982) foi alcumado pola crítica e os lectores como o “Stephen King de Arousa”. A súa capacidade para xerar tensión e atmosferas opresivas consolidouno como unha das voces máis potentes da narrativa de misterio. Con máis de 400.000 copias vendidas do seu éxito A fábrica do esquecemento, o seu estilo adictivo posiciónao como o narrador ideal para enriquecer o universo fantástico de Curtas Festival do Imaxinario.

SANTIPÉREZ
(Madrid, 1970) é un mestre do cómic de terror cuxa traxectoria despegou nos anos noventa na mítica revista Creepy. Cun estilo meticuloso e detallista que bebe de influencias como Bernie Wrightson, é un referente internacional con obras como Various Horror Visions ou El Taxidermista. O seu paso por Curtas Festival do Imaxinario en 2025 demostrou a súa capacidade para crear mundos visuais hipnóticos, converténdoo no aliado perfecto para a narrativa de Losada.