ILUSTRACIÓNS ARREPIANTES

— PARA TREMER AO CARÓN DA LAREIRA —

Concurso de Ilustración

Por segundo ano consecutivo CURTAS Festival do Imaxinario convoca unha nova edición do Concurso de Ilustración Fantástica. Nesta ocasión levará por título “Ilustracións Arrepiantes para tremer ao carón da lareira” e, como indica o seu título, centrarase en ilustracións de temática terrorífica dando cabida a todo o acervo de criaturas, lendas e mitos da nosa terra.

As ilustracións deberán ser orixinais e valorarase a inclusión de elementos representativos de Vilagarcía de Arousa e/ou temática galega. As imaxes presentaranse en calqueira formato de mapa de bits, preferiblemente JPG; Resolución mínima de 2000px polo lado máis curto a 300ppp; Modo de cor: RGB. O prazo para presentar as ilustracións rematará o 15 de agosto de 2020.

O xurado

Pasqual Ferry

Kiko da Silva

Emilio Gonzalo

Bases do Concurso

1. O concurso está aberto a todo o mundo, de nacionalidade española ou estranxeira, e de todas as idades. Os menores de 18 anos que queiran participar deberán presentar unha autorización do seu pai/nai ou titor legal para inscribirse e recibir o premio, no caso de que resulten gañadores.

2. As ilustracións presentadas a concurso deberán centrarse na temática terrorífica. Valorarase a inclusión de elementos representativos de Vilagarcía de Arousa e/ou de Galicia.

3. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. O incumprimiento de ditas bases implica a descualificación do mesmo.

4. Cada participante poderá presentar a concurso ata tres ilustracións individuáis.

5. O concursante garantiza que é o autor da ilustración presentada a concurso e que ninguén pode reclamar dereito algún sobre a mesma.

6. A técnica empregada é libre, poidendo ser en cor ou branco e negro, e estar realizada a man (lápiz, acuarela, acrílico, etc) ou en formato dixital, mediante calqueira tipo de dispositivo e software. No caso de ser obra feita a man, esta deberá ser dixitalizada para a súa presentación a concurso coas mesmas especificacións das obras realizadas directamente en dixital, e que se detallan a continuación:
∎ Imaxe en calqueira formato de mapa de bits, preferiblemente JPG.
∎ Resolución mínima de 2000px polo lado máis curto a 300ppp
∎ Modo de cor: RGB

7. Calqueira dúbida respecto a estas especificacións poderá consultarse por correo electrónico enviando un mail o enderezo-e: ilustracion@curtas.org ou a través das redes sociáis de Curtas Festival do Imaxinario.

8. A inscripción e o envío das ilustracións realizarase únicamente por correo electrónico: ilustracion@curtas.org. Indicando no asunto “CONCURSO ILUSTRACIÓN e incluindo no corpo do correo o nome do participante e un teléfono de contacto. Tamén deberá incluirse os seguintes datos da obra:
∎ Título da obra
∎ Técnica empregada (lápiz, acuarela, acrílico, dixital, software
empregado, etc). No caso das obras non dixitáis, deberá indicarse o soporte (papel, lenzo, etc) e tamaño en cm.
∎ Título da obra
∎ (Opcional) Texto descriptivo do contido representado na obra (en
galego, 80 palabras máximo).
Os menores de 18 anos deberán adxuntar tamén unha autorización do seu pai/nai ou titor legal, coma se indica nas Condicións.

9. A medida de que se vaian recibindo as ilustracións, iránse admitindo aquelas que cumpran cos requisitos. A organización poderá rexeitar aquelas que non as cumpran, ou as que polo seu contido atenten contra os dereitos fundamentáis ou incluan material ilícito.

10. O prazo para presentar obras a concurso rematará o 15 de agosto de 2020.

11. O concurso estará coordinado por Carlos Dalmeida e o xurado estará formado por os ilustradores Pasqual Ferry e Kiko da Silva, xunto a Emilio Gonzalo da Asociación ‘Amigos del Cómic’ e membro do equipo de Curtas Festival do Imaxinario.

12. Valoraráse a calidade artística e técnica da ilustración, así como a orixinalidade á hora de trasladar o concepto á imaxe.

13. A decisión do xurado será inapelábel, mesmo no caso de que os premios sexan declarados desertos por non acadar un mínimo de aportacións ou se a calidade das mesmas é moi baixa, a criterio do propio xurado.

14. As obras seleccionadas incluiránse xunto aos relatos gañadores e finalistas do concursos de Contos nun volumen recopilatorio, sempre sen ánimo de lucro, e acompañadas do nome do autor.

15. Establécese un total de 10 premios, de entre os cales elixiráse un primeiro premio. A obra galardoada co primeiro premio recibirá 300€, cinco exemplares, e ilustrará a cuberta do libro “Contos Arrepiantes para tremer ao carón da lareira”. As outras 9 ilustracións premiadas incluiránse no interior e recibirán cinco exemplares do volume.

16. Todas as ilustracións gañadoras e finalistas formarán parte dunha exposición ubicada nunha rúa de Vilagarcía de Arousa durante a celebración de Curtas Festival do Imaxinario.

17. Os gañadores dan o seu consentemento para que o seu nome apareza nos materiáis informativos e promocionáis, sexan estes impresos ou dixitales, da organización do concurso.

18. A presentación do volume recopilatorio terá lugar durante a 48 edición de Curtas Festival do Imaxinario que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 23 de outubro ao 1 de novembro de 2020.

19. Co fin de poder levar a cabo cantas accións promocionais e de difusión considere precisas a organización, todos os participantes cederán á mesma, de xeito exclusivo e con carácter gratuito, os dereitos non-exclusivos de comunicación pública, reproducción e difusión das ilustracións presentadas a concurso. A cesión destes dereitos quedará circunscrita a accións divulgativas e de información das actividades do Curtas Festival do Imaxinario.

20. As obras que nos cumplan as condicións indicadas serán excluidas do concurso.

21. A Organización resérvase o dereito a establecer o seu criterio ante calquera dúbida ou omisión que puidese surxir na interpretación e redacción destas bases. Así como a publicar as obras tanto online como offline sen consentimento expreso do autor para a promoción do concurso ou o certame.

22. A presentación das obras a concurso implica a total aceptación das bases deste certame.