Cthulhu ® Curtas Festival do Imaxinario

OS PREMIOS
Os galardóns e distincións que otorga o Festival

O corazón de Curtas Festival do Imaxinario non só reside na exhibición de obras, senón no recoñecemento a quen as fai posíbeis. Con estes recoñecementos rendemos homenaxe ao talento, á visión e ao esforzo titánico que se agocha detrás de cada creación.

Os galardóns que outorga o Festival son moito máis que un obxecto físico; son un símbolo de calidade e un selo de garantía cultural. Dende as categorías da Sección Oficial até os Premios Honoríficas á traxectoria, cada distinción busca poñer en valor as voces máis singulares do panorama actual. Coñece aquí a historia, os criterios e o significado de cada un dos nosos premios.

PREMIOS COMPETITIVOS

Os premios das distintas seccións competitivas son outorgados por un Xurado Internacional composto por recoñecidos profesionais do medio cinematográfico e cultural, designados pola dirección do festival.

LONGAMETRAXES

SECCION OFICIAL FANTÁSTICO

  • Mellor Longametraxe Fantástica
    O máximo galardón do festival. Outórgase á mellor película, recoñecendo a obra que mellor combina a calidade cinematográfica coa exploración do xénero fantástico. Estatuiña da Coca.
  • Mellor Película Latinoamericana
    Un recoñecemento transversal ao cinema fantástico producido en Latinoamérica presente na selección, celebrando a voz cultural única da rexión. Estatuiña da Coca.
  • Mellor Dirección
    Premia a visión autoral e o control narrativo excepcional dun realizador/a dentro da selección. Estatuiña da Coca.
  • Mellor Interpretación
    Recoñece a actuación máis convincente e memorable (protagonista ou secundaria) de entre as películas a competición da selección. Diploma.
  • Premio “Millicent Patrick” aos Mellores Efectos Visuais ou Especiais
    Homenaxe á pioneira dos efectos especiais. Este galardón premia a excelencia técnica e artística na creación de FX, xa sexan prácticos ou dixitais da S.Ou. Fantástico. Diploma.

SECCIÓN OFICIAL ALUCINE

  • Mellor Longametraxe Alucine
    Este galardón está dedicado ao cinema de terror máis visceral e desenfreado, premiando as propostas máis extremas, sanguentas e radicais da Selección. Estatuiña da Coca.

CURTAMETRAXES

SECCIÓN OFICIAL FANTÁSTICO

  • Gran Premio Curtas á Mellor Curtametraxe Internacional
    Outorgada á mellor curtametraxe internacinal da competición oficial. Estatuiña da Coca e premio en metálico de 666 euros.
  • Gran Premio Curtas á Mellor Curtametraxe Nacional
    Outorgada á mellor curtametraxe español da competición oficial. Estatuiña da Coca e premio en metálico de 666 euros.
  • Mellor Curtametraxe de Animación
    Recoñece a mellor obra na categoría de animación, destacando a técnica e creatividade neste formato. Estatuiña da Coca.
  • Premio Méliès d’Argent á Mellor Curtametraxe Europea
    Outorgado en nome da Méliès International Festivals Federation (MIFF) á mellor curtametraxe fantástica europeo, nomeándoo automaticamente para o Méliès d’Or. Estatuiña.

SECCIÓN OFICIAL FEITO EN GALICIA

  • Premio á Mellor Curtametraxe Feito en Galicia
    Galardón destinado á mellor produción realizada en Galicia ou dirixida por cineastas galegos/as, apoiando a visibilidade do talento rexional. Estatuiña da Coca e premio en metálico de 333 euros.

SECCIÓN OFICIAL VIDEOCLIPS FANTÁSTICOS

  • Premio “Roberto Camba” ao Mellor Videoclip
    Un xurado específico valora a mellor fusión entre música e imaxe en pezas de temática fantástica de menos de 10 minutos. Estatuiña da Coca.

PREMIOS DO PÚBLICO

  • Premio do Público á Mellor Longametraxe e Curtametraxe
    Elixidos mediante votación directa dos asistentes ás proxeccións (por media de puntuación e a través da app do festival), premiando as películas favoritas da audiencia tanto en formato longo como curto. Diploma.

A ESTATUIÑA DA COCA: UN TROFEO ICÓNICO E ECOLÓXICO

A ansiada figura de Curtas representa a unha Coca (un ser mitológico galego metade serpe, metade dragón) e foi creada polo artista, Marcos García Lago. É o trofeo característico do festival desde 2018. Está elaborado cunha resina que se obtén de pezas téxtiles recicladas, que son convertidas en po e mesturadas con auga, converténdoa nun trofeo completamente ecolóxico e circular, único no mundo grazas a esta fórmula ideada e patentada polo artista.

PREMIOS HONORÍFICOS

En Curtas Festival do Imaxinario, sabemos que o xénero fantástico non xorde da nada; constrúese sobre a visión de quen se atreveu a mirar cara á escuridade para traer luz. Os nosos Premios Honoríficos son o recoñecemento a esas traxectorias vitais que deixaron unha pegada única no imaxinario colectivo.

Máis aló da competición, estes galardóns celebran a creatividade en estado puro. Desde os cineastas que redefiniron a linguaxe do xénero, ata os actores que prestaron a súa alma a personaxes icónicos e os artistas multidisciplinares que deron forma ao imposible. Aquí honramos a quen converteu a fantasía nunha realidade tanxible para todos nós.

 

MESTRE/A DO FANTÁSTICO

O Premio Honorífico Mestre/a do Fantástico rende tributo aos artífices do imposible. Outorgado pola organización do Curtas Festival do Imaxinario, este galardón recoñece a traxectoria, o talento e a influencia de directores, guionistas, ilustradores, escritores ou técnicos que contribuíron de maneira decisiva á evolución do xénero fantástico (terror, fantasía e iencia ficción).

Non se premia unicamente unha carreira lonxeva, senón a capacidade de deixar unha pegada única no imaxinario colectivo. Aquel creador/a que soubo mirar cara á escuridade para traer luz, que desafiou as convencións narrativas e que inspirou as novas xeracións.

Recibiron o premio Mestre/a do Fantástico:

2025 – Paco Plaza

2025 – Marcus Nispel

2025 – Arturo Balseiro

2024 – Richard Stanley

2023 – Lamberto Bava

2023 – Neil Marshall

2022 – Mick Garris

2021 – Joe Dante

2021 – Elia Barceló

2020 – Juan Carlos Fresnadillo

2019 – David Lloyd

2018 – John Howe

2018 – Ciruelo Cabral

2017 – Esteban Maroto

2017 – Luis Royo

2016 – Juan Giménez

2016 – Alfonso Azpiri

ICONA DO FANTÁSTICO

O Premio Honorífico Icona do Fantástico celebra o talento interpretativo no seu estado máis visceral e carismático. Entregado polo Curtas Festival do Imaxinario, este recoñecemento está destinado a aqueles actores e actrices que prestaron a súa pel, a súa voz e a súa alma aos personaxes que definen o cinema fantástico, de terror e ciencia ficción.

O cinema de xénero esixe unha entrega especial: a capacidade de facer crible o imposible, de humanizar ao monstro ou de transmitir o medo máis primario. O galardoado como “Icona do Fantástico” non é só un intérprete excepcional; é unha figura de culto, alguén cuxa soa presenza nun plano evoca a historia do xénero e conecta de inmediato coa memoria emocional do espectador.

Desde as Scream Queens que redefiniron a supervivencia, ata os viláns que nos fascinaron coa súa escuridade, este premio agradece a quen converteu a fantasía nunha realidade tanxible para o público de Curtas.

Recibiron o premio Icona do Fantástico:

2025 – Diana Peñalver

2023 – Catriona McColl

2022 – Lone Flemming

2018 – Macarena Gómez

PREMIO CURTAS

O Premio Curtas Honorífico representa a esencia multidisciplinar do Curtas Festival do Imaxinario. Este galardón nace da convicción de que a creación artística é un ecosistema vivo que se nutre de todas as disciplinas por igual, sen limitarse a etiquetas ou fronteiras temáticas.

Con este recoñecemento, o festival rende tributo a personalidades destacadas cuxa obra enriquece a cultura popular e o imaxinario colectivo, independentemente do xénero ou medio utilizado. Está destinado tanto a escritorxs como a ilustradorxs, compositorxs, directorxs, actores e actrices, artesáns; creadores que, a través da súa mestría técnica e narrativa, son capaces de construír mundos dende a nada.

O Premio Curtas Honorífico pon en valor a creatividade e a excelencia en estado puro, recoñecendo que detrás de cada gran obra hai unha mente visionaria capaz de ver máis aló da realidade, sexa cal for o seu lenzo ou o estilo da súa proposta.

Recibiron o premio Curtas:

2025 – Tomás Hijo

2022 – Dave McKean

2022 – Rafael Sabugueiro Gestal (in memoriam)

2021 – Manel Loureiro

2021 – Nacho Vigalondo

2020 – Javier Olivares

2020 – Miguel Anxo Prado

2020 – Paula Cons

2019 – Pasqual Ferry

2019 – Clara Alvarado

2019 – Isabel Blanco

2019 – Tiago Da Silva

2019 – Manel Manquiña

2018 – Nekro

2018 – Ariel Olivetti

2018 – Antonio Durán “Morris”

2017 – Jesus Merino

2017 – Juanma Bajo Ulloa

2016 – Salvador Larroca

2016 – Nacho Fresneda

2016 – Mo Caró

2015 – Alberto Hortas