60 segundos de Terror

PROXECCIÓN

25/10/2025
21:30
Salón García

CURTAS 2025 | Curtas Mutantes

60 segundos de Terror

2025 | España | 30 min. | Estrea Mundial

Dirección: VVAA

No marco da edición 2025, e coa colaboración de Producciones Mutantes e do guionista Ángel Agudo (Apocalipsis Z), desenvolveuse este programa: unha iniciativa orientada á detección, acompañamento e visibilización de novos talentos no ámbito do cinema fantástico. O programa formulouse como un concurso de creación audiovisual no que se convidou a novos realizadores e realizadoras a desenvolver unha curtametraxe dun minuto de duración (aínda que todas sobrepasaron esa duración), especificamente concibida para a súa rodaxe e posterior estrea mundial no contexto do festival. Tras un proceso de selección e acompañamento creativo, o guionista Ángel Agudo escolleu cinco proxectos que foron rodados e terán a súa estrea mundial durante a celebración do festival, integrándose na programación oficial como contidos propios do certame. As curtametraxes producidas que serán proxectadas son: 

  • Deep Sound, de Rubi Giráldez González (España, 2025) Estrea mundial
  • Respira, de Luis y Fernando Camacho (España, 2025) Estrea mundial
  • Filete, de Francisco Leslie López (España, 2025) Estrea mundial
  • (Breve) Asesinato en Vilagarcía, dos irmáns Golpe (España, 2025) Estrea mundial
  • Azebac, de Jorge Blanco (España, 2025) Estrea mundial