PROXECCIÓN
A Noite dos Mortos ao Vivo
Dirección: George A. Romero
Reparto: Silvia Penas, María Roja, Samuel Merino, Alex Sobrino, Duane Jones, Judith O'Dea, Karl Hardman
Curtas Festival do Imaxinario e a Orquestra A Clásica de Vigo presentarán unha produción propia: A noite dos mortos ao vivo. Na que a película clásica de George A Romero, A noite dos mortos viventes (1968) contará cunha interpretación completmente nova e envolvente. Mentres a película se proxecta na pantalla, a Orquestra executará en directo unha banda sonora especialmente seleccionada pra a ocasión, substituíndo a música orixinal por arranxos que intensifican cada mommento de tensión, medo e drama. Paralelamente, un equipo de actore e actrices de voz interpretará os diálogos en galego, usando un guión creado especificamente para este espectáculo, e ofrecendo así unha nova dimensión narrativa que respecta o espírito e legado da obra orixinal pero cun enfoque fresco e culturalmente próximo a Galicia, terra natal dos devanceiros de Romero. Unha experiencia sensorial completa.