LUGAR
Notas Fantásticas
Actividade educativa musical centrada na relación entre o cinema fantástico e a súa música, con especial atención ás orixes do cinema de xénero. A través dunha proposta interpretada en directo polo ensemble musical Caspervek, especializado na musicalización en vivo de cinema mudo, o alumnado realizará un percorrido polos pioneiros do cinema fantástico, como Georges Méliès e Segundo de Chomón, así como por figuras e personaxes icónicos do xénero.