Infinity Heroes Showroom

LUGAR

03/10/2025-16/11/2025
Sala Rivas Briones

CURTAS 2025 | Exposicións

Infinity Heroes Showroom

Creada para fans e amantes dos cómics e películas de Marvel, a primeira das exposicións de CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO ofrece unha experiencia única. “INFINITY HEROES SHOWROOM” presenta unha selección de figuras a tamaño real, réplicas de cascos e outros artefactos, dioramas e estatuas de calidade museística cos máis destacados heroes do universo Marvel. Thor, Iron Man, Spiderman, Lobezno, Daredevil, ou o Capitán América agardarán aos fans na sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa do 3 de outubro ao 16 de novembro. Unha oportunidade que os fans non se poden perder! Fans de Marvel reunídevos!