LUGAR
Obradoiro de Cabazas
En Curtas Festival do Imaxinario queremos que deixes voar a túa creatividade no noso Obradoiro de Cabazas, onde transformaremos humildes vexetais en gardiáns monstruosos para escorrentar os seres que axexan nas sombras. Lembra que os pequenos deben vir acompañados dun adulto para domar as bestas alaranxadas. Só se entregará unha cabaza por persoa ata esgotar existencias. Ven e talla a túa propia pesadelo!