PROXECCIÓN
Re-Animator (40 aniversario) — Proxección + Cea + Experiencia
Dirección: Stuart Gordon
Reparto: Jeffrey Combs, Bruce Abbott, Barbara Crampton
Hai 40 anos estreábase o filme de Stuart Gordon Re-Animator. Ao seu paso por mercados e festivais provocou polémicas e desmaios, e a súa combinación de humor de terror encadilou a crítica e público forxando unha lenda que perdura ata os nosos días. Adaptando líbremente o relato de H.P. Lovecraft “Herbert West: Re-animador”, a película traslada a acción aos anos 80 para contarnos como tras uns experimentos fallidos en Europa, o científico Herbert West viaxa a Estados Unidos para traballar na Universidade de Miskatonic. Alí continuará coa súa perigosa investigación, que ten como fin conseguir unha fórmula que lle permita revivir aos mortos. Agora Re-Animator chega as experiencias de Curtas Festival do Imaxinario nuna terrorífica velada para celebrar o Samaín, maridando a alta cociña, cun menú gourmet deseñado polo chef Miguel Mosteiro (Gastrolab Arousa), xunto a proxeccion da película e a animación en sala do Taller de Teatro Clámide e Nydia. Prepárate a pasalo de medo!