Wallace & Gromit: La Maldición de las Verduras

PROXECCIÓN

26/10/2025
12:30
Salón García

CURTAS 2025 | PequeCurtas

Wallace & Gromit: La Maldición de las Verduras

2005 | Reino Unido | 85 min.

Dirección: Nick Park, Steve Box

Achégase o Concurso Anual de Verduras Xigantes e desátase unha auténtica “vexetalmanía” no pobo onde residen Wallace e Gromit. Os dous amigos, tan emprendedores coma sempre, estanse a facer de ouro co seu novo invento, o sistema “Anti-Pesto”, unha forma humanitaria de controlar os coellos que intentan invadir as prezadas hortas. De súpeto, todo se vén abaixo cando unha enorme, misteriosa e voraz “besta” empeza a aterrorizar a veciñanza, atacando as hortas de noite e destrozándoo todo ao seu paso.