Lucía Catoira

Lucía Catoira

Lucía Catoira

(Cambre, 1984)
Estudou Belas Artes na universidade de Vigo e especializouse en fotografía
cinematográfica pola ESCAC. Ao longo da súa carreira traballa en diversos proxectos
dirixindo a fotografía de curtametraxes como ECO ,2015, de Xacio Baño ou MATRIA,
2017, de Álvaro Gago, proxecto gañador de Sundance entre outros festivais. En 2009
incorpórase ao proxecto en torno ao Retrato Filmado do Festival Play-Doc, que se
extende ao longo de 5 anos de constante aprendizaxe no mundo do documental. En
2015 realiza a fotografía do documental Islas, unha coproducción cubano-polaca, da
realizadora Adriana F. Castellanos. En 2016 remata a rodaxe do filme de ficción DHOGS
de Andrés Goteira, polo que sería galardonada en 2018 co Mestre Mateo á mellor
dirección de fotografía. Recentemente acada o seu segundo Mestre Mateo pola
primeira longametraxe de Xacio Baño.