Matilde Rodríguez

Matilde Rodríguez

Matilde Rodríguez

Matilde Rodríguez, comisaria e xestora cultural que leva dende o 2011 traballando baixo a marca cultural O Gato Cósmico, unha marca que nun primeiro momento naceu como unha tenda-galería en Santiago de Compostela, dando lugar a un espazo no queque se organizaron diferentes exposicións temporais e onde se podían mercar as creacións de artistas galegos, nacionais e internacionais, facendo fincapé, sobre todo, na ilustración contemporánea, o deseño de produto, a arte urbana e o D.I.Y (do it yourself). No 2013 deixa atrás o espazo físico para adicarse xa de cheo á xestión cultural, organizando eventos e comisariando exposicións que manteñen a esencia “cósmica” inicial, especializándose principalmente no eido da ilustración contemporánea, a música, a animación e a fotografía. Destacan, a Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC) ou o festival de música Ukp Day, entre outros.

+ info enwww.ogatocosmico.com