2017

45ª Edición

O 2017 marcou un antes e un despois ao demostrar que o festival xa non era só unha cita de outono, senón un pulmón cultural que osixenou Vilagarcía durante todo o ano. A maquinaria puxo en marcha cedo, en xaneiro, recuperando clásicos como Willow e despedindo con honras á princesa Carrie Fisher, unha filosofía de “festival vivo” que continuou en xuño coa estrea do PequeCurtas no Liceo Casino. Aquela mostra de animación para familias foron o preludio perfecto do que estaba por vir: unha invasión de Star Wars que desbordou calquera previsión. A sala Rivas Briones, transformada no porto espacial de Mos Eisley, quedou pequena para os máis de cinco mil visitantes que quixeron ver de preto as figuras a tamaño real, obrigando incluso a trasladar a mostra ao Centro Comercial Arousa tras o peche do certame.

Aquel éxito de público foi da man dunha aposta seria pola industria co nacemento da Sección Competitiva de Largometraxes. O Auditorio converteuse nun escaparate de luxo no que conviviron o Oso de Ouro da Berlinale, En corpo e alma, coa frescura portuguesa de A mãe é que sabe e o talento da casa da man de O Rebelde. Foi un ano de encontros de alto nivel: desde as charlas con Ángel Sala (director do festival de Sitges) ou Miguel Ángel Vivas, ata unha clausura eléctrica con Juanma Bajo Ulloa celebrando os vinte anos de Airbag. Pola súa banda, o mundo do cómic volveu ser un piar fundamental, logrando reunir nun mesmo cartel a lendas da viñeta como Juan Giménez, Esteban Maroto, Jesús Merino e Luis e Rómulo Royo. Co listón no máis alto e a cidade aínda recuperándose da Marcha Imperial, o festival xa comezaba a mirar cara a 2018 co foco posto no universo de Tolkien.

A ilustración do cartel foi obra do padriño do festival Juán Giménez.

Programa | Exposicións

 

PREMIOS

LARGOMETRAXES

Mellor película
A mãe é que sabe, de Nuno Rocha (Portugal, 2016)

Mellor dirección
A mãe é que sabe, de Nuno Rocha (Portugal, 2016)

Mellor guión
Alberto Utrera, Sergio Granda e Carlos Soria por Smoking Club, de Alberto Utrera (España, 2017)

Mellor interpretación
Rodrigo Poison por Smoking Club, de Alberto Utrera (España, 2017)

Premio especial do xurado
Marisa en los bosques, de Antonio Morales (España, 2016)

Premio do público
Smoking Club, de Alberto Utrera (España, 2017)


CURTAMETRAXES

Mellor curtametraxe de animación
In A Heartbeat,de Beth David E Esteban Bravo (Est. Unidos, 2017)

Mellor curtametraxe galega
O Rebelde,de Oscar Doviso (España, 2016)

Mellor curtametraxe internacional
Le Mécène, de Lionel Auguste (Francia, 2016)

Mellor dirección galega
El Visitante (Noelia Muiño, 2017)



PREMIOS HONORÍFICOS

Mestre do Fantástico
Esteban Maroto
Luis Royo

Premio Curtas
Jesús Merino
Juanma Bajo Ulloa

 

VIDEO

 

IMAXES