50ª Edición
O 50 aniversario do Curtas desbordou as fronteiras da pantalla para converter Vilagarcía nun auténtico parque temático da nostalxia e da ciencia ficción. Máis de 20.000 persoas acudiron á chamada da exposición e do mítico DeLorean de Regreso ao Futuro, nunha edición que confirmou o seu peso internacional grazas a unha alfombra vermella de excepción. Por ela pasaron o director Mick Garris, lenda viva polas súas adaptacións de Stephen King, e o ilustrador Dave McKean, acompañados por Lone Fleming, musa do cinema de terror español e protagonista de clásicos como A noite do terror cego. Foi un ano de gran riqueza cultural, no que houbo espazo para gozar de Nosferatu con música en directo ou vivir un peche gamberro co cabaré de The Rocky Horror Picture Show.
Porén, o corazón desta edición latexou co emotivo homenaxe a Rafael Sabugueiro, o visionario que acendeu a mecha do cinema afeccionado en 1973 e que faleceu apenas uns días antes de ver cumprirse o medio século da súa obra. A súa memoria impregnó cada recuncho do festival, desde o Auditorio ata o Salón García, lembrando a orixe humilde dun certame que soubo evolucionar ata converterse nun xigante. Un éxito de público e traxectoria que, como broche final ás celebracións, se viu refrendado institucionalmente coa declaración oficial do festival como Evento de Interese Turístico Local.
A ilustración do cartel foi obra de Flavio Greco.
PREMIOS
LONGAMETRAXES
Mellor película
Piove, de Paolo Stripoli (Italia, 2022)
Mellor película latinoamericana
Mete Miedo, de Nestor Sánchez Sotelo (Arxentina, 2022)
Mellor dirección
Piove, de Paolo Stripoli (Italia, 2022)
Mellor interpretación
Andrea Trepat por La Paradoja de Antares, de Luis Tinoco (España, 2022)
Mellor guión
Legiones, de Fabián Forte (Arxentina, 2022)
Mellor fotografía
Piove, de Paolo Stripoli (Italia, 2022)
Mellores efectos especiais
Piove, de Paolo Stripoli (Italia, 2022)
Premio especial do xurado
Pussycake, de Pablo Parés (Arxentina, 2021)
CURTAMETRAXES
Mellor curtametraxe fantástica
Dispensary of Death, de Simon O’Neill (Irlanda, 2022)
Mellor curtametraxe de animación
The Monkey, de Xosé Zapata & Lorenzo Degl’innocenti (España, 2022)
Mellor curtametraxe galega
Compañeiros, de Fernando Tato (España, 2022)
Mellor dirección galega
Teratoma, de Jano Pita (España, 2021)
Mellor curto Outros Xéneros – Ficción
Kafka’s Doll, de Bruno Simões (Portugal/España, 2022)
Mellor curto Outros Xéneros – Documental
U.N. Slap Commission, de Valentin Burkhardt & Stephan Kämpf (Alemaña, 2022)
Mellor curto Outros Xéneros – Videoarte
Lux Tenebrae, de Andres Toro (España, 2022)
Premio do público ao mellor curtametraxe
Operación Frankenstein, de José María Fernández de Vega (España, 2022)
PREMIOS HONORÍFICOS
Mestre do Fantástico
Mick Garris
Icona do Fantástico
Lone Flemming
Premio Curtas
Rafael Sabugueiro (In memoriam)
Dave McKean
VIDEO
IMAXES