52ª Edición
O 2024 foi o ano no que o festival rematou de definir a súa personalidade, volcándose na celebración do 85 aniversario de Batman. Vilagarcía vestiuse para a ocasión, cunha Praza de Galicia que serviu de escenario para unha das grandes atraccións da edición: unha réplica funcional do Batmóbil de 1989. O vehículo, idéntico ao da película de Tim Burton, non só foi unha peza de exposición, senón que permitiu aos fans ver en directo demostracións dos seus mecanismos, converténdose no punto de encontro máis popular do certame.
Máis alá do espectáculo, a programación reforzou o prestixio do evento con visitas de gran calado. O director Richard Stanley, responsable de títulos como Hardware ou Color Out of Space, cativou a todos coa súa mística lovecraftiana, mentres que a sección de cómic e literatura brillou con Jorge Fornés, debuxante fundamental na historia recente do Cabaleiro Escuro, e o guionista Ángel Agudo. Con coidadas exposicións como «O Ano do Morcego» e unha selección de películas que espertou interese fóra de España, o Curtas demostrou que soubo madurar, equilibrando o entretemento para o gran público cunha oferta cultural de primeiro nivel.
A ilustración do cartel foi obra de Flavio Greco.
Convidados | Programa | Catálogo | Exposicións
PREMIOS
LONGAMETRAXES
Mellor longametraxe
The Complex Forms, de Fabio D’Orta (Italia, 2023)
Mellor dirección
Tóxico, de Lorenzo Lerín (España, 2024)
Mellor interpretación
Roberto Hoyo por Tóxico, de Lorenzo Lerín (España, 2024)
Mellores efectos especiais
The Complex Forms, de Fabio D’Orta (Italia, 2023)
Premio especial do xurado
The Beast Hand, de Taichiro Natsume (Xapón, 2024)
Mellor longametraxe latinoamericana
1978, de Nicolás e Luciano Onetti (Arxentina, 2024)
Premio do público
Terrifier 3, de Damien Leone (USA, 2024)
CURTAMETRAXES
Mellor curtametraxe fantástica
La Valla, de Sam Orti (España, 2024)
Mellor dirección
Factory Drop, de Petja Pulkrabek (Alemaña, 2024)
Mellor curtametraxe de animación
The Shadow of Dawn, de Olga Stalev (Estonia, 2024)
Mellor curtametraxe galega
Odysseus, de Aarón Pérez Pardiñas (España, 2024)
Mellor dirección galega
Xogo de Nenos, de Miguel R. Berride (España, 2023)
PREMIO HONORÍFICOS
Mestre do Fantástico
Richard Stanley
VIDEO
IMAXES