2025

53ª Edición

Vilagarcía transformouse en 2025 na cidade onde viven os monstros, consolidándose como unha capital mundial do fantástico capaz de mirar aos ollos aos grandes certames europeos. A cidade foi tomada literalmente polos monstros: desde a impresionante exposición Monstrorama no Salón García, onde o público puido ver aos monstros máis celebrados do cine a tamaño real, ata o desembarco de vehículos icónicos como a peculiar furgo dos Cazafantasmas de Mocos verdes e o Ford Anglia voador de Harry Potter. Ademais dunha impactante exposición dedicada ao universo de Marvel titulada Infinity Héroes Showroom. Este despregue visual, sumado ao aval de Dread Central, que encumbrou o festival como un dos 90 imprescindibles de xénero do mundo, e a súa incorporación á elite internacional ao integrarse na Federación Méliès, confirmou o estatus dun festival que soubo maridar a tradición do certame coa espectacularidade.

A programación foi un festín de cultura pop que transcendeu a pantalla, reunindo a lendas como Marcus Nispel e Paco Plaza coa musa Diana Peñalver e mestres dos efectos como Arturo Balseiro. A arte gráfica brillou con luz propia grazas a talentos como Santipérez e Xermánico. Entre sesións de cine mudo coa música en directo de Caspervek e obradoiros de maquillaxe FX, o certame baixou o pano cunha produción propia sen precedentes. Nunha alianza histórica coa Orquestra Clásica de Vigo, o festival reinventou A noite dos mortos viventes, levando actores ao escenario para interpretar novos diálogos e poñendo música en vivo. Un peche apoteósico que demostrou que o Curtas non se limita a exhibir cine, senón que o respira, o celebra e o reinventa.

A ilustración do cartel foi obra de Flavio Greco.

Programación | Convidados | Folleto | Catálogo | Exposicións

 

PREMIOS

LONGAMETRAXES

Mellor longametraxe
The Book of Sijjin and Illiyyin, de Hadrah Daeng Ratu (Indonesia, 2025)

Mellor dirección
The Book of Sijjin and Illiyyin, de Hadrah Daeng Ratu (Indonesia, 2025)

Mellor interpretación
Colby Minifie por The Surrender, de Julia Max (Canadá, 2025)

Premio Roberto Camba aos mellores efectos especiais
Hold the Fort, de William Bagley (Estados Unidos, 2025)

Premio especial do xurado
Los Ojos del Diablo, de Daniel de la Vega (Arxentina, 2025)

Mellor película latinoamericana
Consequências Paralelas, de Gabriel França e CD Vallada (Brasil, 2025)


CURTAMETRAXES

Mellor curtametraxe
Last Night Stand, de Pierre-Luc Gosselin (Canadá, 2025)

Mellor dirección
Daughter, de Jorge Sermini (Bélxica, 2025)

Mellor curtametraxe de animación
The Boy who cheated Death, de Pipou Phuong Nguyen (Francia, Vietnam, 2025)

Mellor curtametraxe galega
Hippocampus, de Xaime Miranda (España, 2024)

Mellor videoclip
I’ve been fallin’, de Ugur Savaş (Turquía, 2025)


PREMIOS HONORÍFICOS

Mestre do Fantástico
Paco Plaza
Marcus Nispel
Arturo Balseiro

Icona do Fantástico
Diana Peñalver

Premio Curtas
Tomás Hijo

 

VIDEO

 

IMAXES