Curtas_Mutantes

CURTAS MUTANTES 2026

UNHA PONTE DIRECTA Á INDUSTRIA PARA O TALENTO EMERXENTE

Como dar o salto do papel á pantalla sen morrer no intento? Esa é a pregunta que moitos creadores se fan ao empezar, e a que Curtas Festival do Imaxinario e Producciones Mutantes queren responder co nacemento de CURTAS MUTANTES 2026. Esta iniciativa non é un concurso de guión ao uso; é un acelerador de proxectos pensado para que o talento novel se estree no cine pola porta grande.

A diferencia doutras axudas ou premios en metálico que deixan ao autor só ante a loxística, Curtas Mutantes ofrece unha estrutura de rodaxe real. O gañador rodará este verán en Vilagarcía de Arousa a súa peza con equipos técnicos de primeiro nivel (cámara, son e iluminación profesional), contando co soporte dunha produtora consolidada detrás de cada decisión.

A TUTORÍA: O CORAZÓN DO PROXECTO

O valor real deste certame reside en quen acompaña ao gañador. Poder contar coa mirada de Alberto Marini (Mientras Duermes, REC) sobre o guión ou coa experiencia en posta en escena de Miguel Ángel Vivas (Extinction, Secuestrados) sitúa esta experiencia a medio camiño entre a produción industrial e a clase maxistral personalizada. A eles súmanse Gero Costas na postprodución e o propio director do festival, Luis M. Rosales, para deseñar a estratexia de distribución.

ALBERTO MARINI
(Mientras duermes, REC)

MIGUEL ÁNGEL VIVAS
(Extinction, Secuestrados)

O CAMIÑO CARA Á PANTALLA

A selección non será doada. Tras un primeiro filtro do equipo do festival, os dez proxectos finalistas pasarán polo veredicto dun xurado de peso formado pola directora Olga Osorio (¡Salta!), o director e produtor Raúl Cerezo (Viejos) e o crítico e guionista Javier Trigales (El semblante).

O obxectivo final é que a peza non quede nun caixón. O premio inclúe o deseño do cartel oficial e un Pase Anual en Festhome, facilitando que a curta circule por festivais internacionais sen o lastre económico que adoitan supor as taxas de inscrición. O ciclo pecharase onde todo comeza: cunha estrea oficial na 54ª edición de Curtas Festival do Imaxinario, compartindo pantalla coas grandes producións do ano.

OLGA OSORIO
(¡Salta!)

RAÚL CEREZO
(Viejos)

JAVIER TRIGALES
(El Semblante)

COMO PARTICIPAR?

A convocatoria está aberta para guións de xénero fantástico cunha duración máxima de 5 minutos. Os interesados teñen ata o 30 de abril de 2026 para enviar as súas propostas a través da plataforma Festhome. O nome do proxecto elixido darase a coñecer o 15 de maio, dando así o pistoletazo de saída a un verán de rodaxe e cine en Vilagarcía.

Podes leer as bases da convocatoria aquí. Agardamos a túa participación!

Coa colaboración de