Cthulhu ® Curtas Festival do Imaxinario

CÓDIGO DE CONDUTA

En Curtas Festival do Imaxinario, cremos que a maxia do fantástico debe ser un espazo de encontro seguro para todas as persoas. O noso obxectivo é garantir unha contorna onde o respecto, a diversidade e a convivencia sexan os piares que sosteñan a experiencia do festival, tanto nas nosas sedes de Vilagarcía de Arousa como nas nosas canles dixitais.

Ao participar en calquera actividade de Curtas Festival do Imaxinario, aceptas respectar os principios de convivencia detallados a continuación.

UN ESPAZO LIBRE DE ACOSO

O festival non tolera o acoso nin os comportamentos discriminatorios en ningunha das súas formas. Isto inclúe, entre outros:

  • Respecto á Diversidade: Non se permitirán comentarios, bromas ou comportamentos ofensivos relacionados coa raza, etnia, identidade ou expresión de xénero, orientación sexual, diversidade funcional, idade, relixión ou calquera outra condición persoal.

  • Integridade Física e Moral: Queda prohibida calquera forma de intimidación, ameaza, contacto físico non consentido ou atención sexual non desexada.

  • Comportamento en Salas: O respecto aos demais asistentes e aos artistas é fundamental. Non se permitirán interrupcións persistentes que impidan o normal desenvolvemento das proxeccións, charlas ou actividades.

GRAVACIÓNS E IMAXE

Pedimos a todos os asistentes que respecten a privacidade dos demais. Se desexas realizar fotografías ou gravacións de artistas ou público fora dos actos públicos, asegúrate de contar co seu consentimento previo. O festival reserva o dereito de limitar o uso de dispositivos de gravación se estes interfiren coa comodidade ou a seguridade dos participantes. Ante a dúbida, consúltanos!

PROTOCOLO DE ASISTENCIA

Se te sentes incomod@, sofres algunha agresión ou es testemuña dunha situación que vulnera este código, por favor, actúa do seguinte xeito:

  • Contacta co noso Persoal: Diríxete a calquera membro do equipo do festival ou ao noso voluntariado (identificados coa acreditación oficial). Están preparados para escoitarte e axudarche de xeito discreto.

  • Accións da Organización: Curtas Festival do Imaxinario reserva o dereito de expulsar a calquera persoa que incumpra estas normas, sen dereito a reembolso, e de informar ás autoridades competentes se a situación o require.

CANLE DE DENUNCIA

Sempre que o necesites, podes informar dunha incidencia a través do noso formulario de contacto. Calquera información recibida será tratada con total confidencialidade pola dirección do festival.