
GLZ-2121
— IMAXINA GALICIA 100 ANOS NO FUTURO —
Concurso de relato e Ilustración
CURTAS Festival do Imaxinario convoca unha nova edición do Concurso de Relato e Ilustración Fantástica. Nesta ocasión levará por título “GLZ-2121” e, centrarase en relatos e ilustracións de temática de ciencia ficción que imaxinen como será Galicia dentro dun século, no ano 2121.
O Xurado
— Concurso de Relato —

Xosé Duncan

Andrea Fernández

Maite Mosconi
— Concurso de Ilustración —

Marta Álvarez

Fernando Iglesias

Ariel Olivetti
Bases do Concurso de Relato
1. Poderá concursar, de forma totalmente gratuita, calquera persoa residente en Galicia, coa excepción dos membros do xurado así coma dos encargados da xestión dos relatos. Tan só se poderá presentar un conto por autor.
2. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. O incumprimiento de ditas bases implica a descualificación do mesmo.
3. Os relatos presentados a concurso, escritos en galego, e con unha extensión de entre 2.000 e 5.000 palabras, centraránse na temática de ciencia ficción, imaxinando como será Galicia 100 anos no futuro. Valorarase a inclusión de elementos representativos de Vilagarcía de Arousa e/ou de Galicia.
4. Os 10 contos seleccionados editaranse nun volumen recopilatorio, sempre sen ánimo de lucro, e acompañados do nome do autor.
5. A presentación do libro terá lugar durante a 49 edición do CURTAS Festival do Imaxinario que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 22 ao 31 de outubro de 2021.
6. O conto gañador recibirá un premio de 300€ e cinco exemplares do libro. Os autores dos 9 contos finalistas recibirán cinco exemplares do libro.
7. O xurado estará composto polos escritoras Andrea Fernández e Maite Mosconi, xunto ao tamén escritor Xosé Duncan.
8. Os gañadores daránse a coñecer o día 10 de setembro na web do Festival (www.curtas.org), así como a través das redes sociais da mesma. Informaráse aos participantes a través do enderezo electrónico facilitado na inscripción.
9. O prazo de entrega de contos finalizará o día 31 de Agosto de 2021.
10. Os contos enviaránse ao enderezo-e contos@curtas.org co asunto “CONCURSO RELATO”
11. Os contos que nos cumplan as condicións indicadas serán excluidos do concurso.
12. A Organización resérvase o dereito a establecer o seu criterio ante calquera dúbida ou omisión que puidese surdir na interpretación e redacción destas bases. Así como a publicar as obras tanto online como offline sen consentimento expreso do autor para a promoción do concurso ou o certame.
13. A presentación das obras a concurso implica a total aceptación das bases deste certame.
Bases do Concurso de Ilustración
1. O concurso está aberto a todo o mundo, de nacionalidade española ou estranxeira, e de todas as idades. Os menores de 18 anos que queiran participar deberán presentar unha autorización do seu pai/nai ou titor legal para inscribirse e recibir o premio, no caso de que resulten gañadores.
2. As ilustracións presentadas a concurso deberán centrarse na temática de ciencia ficción, imaxinando como será Galicia 100 anos no futuro. Valorarase a inclusión de elementos representativos de Vilagarcía de Arousa e/ou de Galicia.
3. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. O incumprimiento de ditas bases implica a descualificación do mesmo.
4. Cada participante poderá presentar a concurso ata tres ilustracións individuáis.
5. O concursante garantiza que é o autor da ilustración presentada a concurso e que ninguén pode reclamar dereito algún sobre a mesma.
6. A técnica empregada é libre, poidendo ser en cor ou branco e negro, e estar realizada a man (lápiz, acuarela, acrílico, etc) ou en formato dixital, mediante calqueira tipo de dispositivo e software. No caso de ser obra feita a man, esta deberá ser dixitalizada para a súa presentación a concurso coas mesmas especificacións das obras realizadas directamente en dixital, e que se detallan a continuación:
- Imaxe en calqueira formato de mapa de bits, preferiblemente JPG.
- Formato vertical.
- Resolución mínima de 2000px polo lado máis longo a 300ppp
- Modo de cor: RGB
7. Calqueira dúbida respecto a estas especificacións poderá consultarse por correo electrónico enviando un mail o enderezo-e: ilustracion@curtas.org ou a través das redes sociáis de Curtas Festival do Imaxinario.
8. A inscripción e o envío das ilustracións realizarase únicamente por correo electrónico: ilustracion@curtas.org. Indicando no asunto “CONCURSO ILUSTRACIÓN e incluindo no corpo do correo o nome do participante e un teléfono de contacto. Tamén deberá incluirse os seguintes datos da obra:
- Título da obra
- Técnica empregada (lápiz, acuarela, acrílico, dixital, software
empregado, etc). No caso das obras non dixitáis, deberá indicarse o soporte (papel, lenzo, etc) e tamaño en cm. - (Opcional) Texto descriptivo do contido representado na obra (en
galego, 80 palabras máximo). - Os menores de 18 anos deberán adxuntar tamén unha autorización do seu pai/nai ou titor legal, coma se indica nas Condicións.
9. A medida de que se vaian recibindo as ilustracións, iránse admitindo aquelas que cumpran cos requisitos. A organización poderá rexeitar aquelas que non as cumpran, ou as que polo seu contido atenten contra os dereitos fundamentáis ou incluan material ilícito.
10. O prazo para presentar obras a concurso rematará o 31 de agosto de 2021.
11. O concurso estará coordinado por Carlos Dalmeida e o xurado estará formado polos artistas Marta Álvarez, Fernando Iglesias, e Ariel Olivetti.
12. Valoraráse a calidade artística e técnica da ilustración, así como a orixinalidade á hora de trasladar o concepto á imaxe.
13. Os gañadores daránse a coñecer o día 10 de setembro na web do Festival (www.curtas.org), así como a través das redes sociais da mesma. Informaráse aos participantes a través do enderezo electrónico facilitado na inscripción.
14. A decisión do xurado será inapelábel, mesmo no caso de que os premios sexan declarados desertos por non acadar un mínimo de aportacións ou se a calidade das mesmas é moi baixa, a criterio do propio xurado.
15. As obras seleccionadas incluiránse xunto aos relatos gañadores e finalistas do concursos de Relatos nun volumen recopilatorio, sempre sen ánimo de lucro, e acompañadas do nome do autor.
16. Establécese un total de 10 premios, de entre os cales elixiráse un primeiro premio. A obra galardoada co primeiro premio recibirá 300€, cinco exemplares, e ilustrará a cuberta do libro “GLZ 2121”. As outras 9 ilustracións premiadas incluiránse no interior e recibirán cinco exemplares do volume.
17. Todas as ilustracións gañadoras e finalistas formarán parte dunha exposición ubicada nunha rúa de Vilagarcía de Arousa durante a celebración de Curtas Festival do Imaxinario.
18. Os gañadores dan o seu consentemento para que o seu nome apareza nos materiáis informativos e promocionáis, sexan estes impresos ou dixitales, da organización do concurso.
19. A presentación do volume recopilatorio terá lugar durante a 49 edición de Curtas Festival do Imaxinario que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 22 ao 31 de outubro de 2021.
20. Co fin de poder levar a cabo cantas accións promocionais e de difusión considere precisas a organización, todos os participantes cederán á mesma, con carácter gratuito, os dereitos non-exclusivos de comunicación pública, reproducción e difusión das ilustracións presentadas a concurso. A cesión destes dereitos quedará limitada ás accións divulgativas e de información das actividades do Curtas Festival do Imaxinario.
21. As obras que non cumplan as condicións indicadas serán excluidas do concurso.
22. A Organización resérvase o dereito a establecer o seu criterio ante calquera dúbida ou omisión que puidese surxir na interpretación e redacción destas bases. Así como a publicar as obras tanto online como offline sen consentimento expreso do autor para a promoción do concurso ou o certame.
23. A presentación das obras a concurso implica a total aceptación das bases deste certame.