
CURTAS IMAXINA 2026
I Xornada de Encontros Profesionais e
Mercado de Proxectos de Cinema Fantástico de Galicia
Curtas Festival do Imaxinario organiza a primeira edición de Curtas Imaxina, unha xornada de encontros, networking e creación de redes entre creadores con proxectos e empresas profesionais da industria cinematográfica.
A finalidade desta iniciativa é crear un espazo de conexión entre autores con proxectos en fase de desenvolvemento ou produción e profesionais do sector da creación, produción e distribución.
Buscamos propiciar un contorno de convivencia que permita a profesionais e novos talentos entrar en contacto, ampliando así a súa rede de sinerxias dentro da Industria Cinematográfica do Xénero Fantástico.
A XORNADA

Pitching de alto voltaxe
Un escaparate directo ante produtoras e expertos onde presentar proxectos en fase de desenvolvemento ou produción.

Networking Fantástico
Unha contorna de convivencia inigualable —con pausas, café e cóctel incluídos— para deseñar complicidades e tecido industrial.

Formación e futuro
Espazos de intercambio de coñecementos orientados a fortalecer e expandir o músculo do audiovisual audiovisual fantástico.

A CONVOCATORIA
PLAZO DA CONVOCATORIA
Do 27 de xullo ao 20 de setembro de 2026
ANUNCIO DOS SELECCIONADOS
5 de outubro de 2026
CELEBRACIÓN DA XORNADA
24 de outubro de 2026
QUEN PODE PARTICIPAR?
- Persoas físicas (directores/as, guionistas e profesionais) ou xurídicas (produtoras independentes) maiores de 18 anos.
- Tanto novos talentos e estudantes como profesionais con traxectorias asentadas.
- Condición indispensable: presenza física de polo menos un representante para a defensa do proxecto.
QUE PROXECTOS SE BUSCAN?
- Longametraxes, curtametraxes e series (ficción, animación ou documental) en desenvolvemento ou produción adscritas ao xénero fantástico, ciencia ficción ou terror.
- Inscrición 100% gratuíta mediante o formulario oficial achegando un único PDF (
TITULO_DO_PROXECTO.pdf, máx. 10 MB) que conteña ficha técnica, logline, sinopse, tratamento ou biblia, nota de dirección e bio-filmografía.
DINÁMICA E GALARDÓN
- O PITCH: Un máximo de 15 proxectos seleccionados disporán de 10 minutos de exposición con soporte visual libre.
- ENCONTROS ONE-TO-ONE: Reunións axendadas para testar a viabilidade comercial e atopar socios estratéxicos.
- O PREMIO: Un xurado formado polas empresas e profesionais convidados outorgará o galardón ao “Mellor Proxecto Curtas Imaxina”, dotado con 666€.

PRODUTORAS E COMPAÑÍAS PARTICIPANTES








— MÁIS POR ANUNCIAR —

PARTICIPA EN CURTAS IMAXINA 2026!
Se es un profesional e tes un proxecto de longametraxe, curtametraxe ou serie de xénero fantástico en fase de desenvolvemento ou produción, descarga as bases e envíanos a túa proposta. Agardámoste!
Se es unha produtora interesada en participar ou queres poñerte en contacto connosco por calquera outra consulta, escríbenos un correo electrónico.