Cthulhu ® Curtas Festival do Imaxinario

O XURADO DE CURTAS 2026

LONGAMETRAXES E MÉLIÈS

JAVI CAMINO

Javi Camino é o guionista, montador e director de “Jacinto” (2021). A película alzou con máis de 20 premios internacionais, entre os que destacan o premio Panorama Fantastic no Festival de Sitges ou o premio do público “Planet Horror” no Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía. Con xa preto de 20 anos de experiencia no sector audiovisual, Javi Camino tamén dirixiu, ademais de cine, series de ficción para a TVG (“Casa Manola”), webseries (“El viudo quiere mimos”), programas de cociña (“O sal da terra”, “Estache bo!”), longametraxes documentais (“Nación de muchachos: utopía o morte”), ducias de videoclips e engendros de serie Z coma “¡Maldito Bastardo!” (2008).

SANDRA HENRIQUES

Sandra Henriques é unha escritora portuguesa de terror con relatos publicados nas antoloxías «Sangue Novo» (2021), «Sangue» (2022) e «Dead Letters: Episodes of Epistolary Horror» (2023). É cofundadora de Fábrica do Terror, o único sitio web en Portugal dedicado por completo ao terror portugués, onde entrevista cineastas de terror e escribe a miúdo sobre libros e festivales de cine de xénero.

SARAH STUTTE

Sarah Stutte é unha xornalista de cine autónoma con predilección polo escuro, o excéntrico e o misterioso. Leva máis de dez anos escribindo sobre cine de xénero e de terror, colaborando tamén con Deadline Film Magazine. Encántalle estar alí onde as cousas se poñen sanguentas, bizarras ou visionarias, como en festivales da talla do Neuchâtel International Fantastic Film Festival, o Festival de Sitges ou o Imagine Film Festival. Non ten ningún problema co *splatter* nin co *gore*, mais cando se trata de bonecas e de «nenos malvados», corre o máis rápido que pode. Vive preto de Zúric.

CURTAMETRAXE FANTASTICA E FEITO EN GALICIA

SECCIÓN OFICIAL FANTÁSTICO

ANDRÉS CASTRO

Andrés Castro (A Coruña, 1976) é pai, crítico de cine en Sermos Galiza, guionista de banda deseñada e director de curtametraxes premiadas (Metrocabina, Atopando o camiño). Xunto con Ozo Perozo coescribe a triloxía fantástica Sentinelas (Editorial Galaxia). É membro de varias asociacións culturais e profesionais e acumula unha ampla experiencia como xurado en certames cinematográficos.

ANNA FIGUEIRIDO

Nada en Ourense en 1979, é doutora en física e escritora. É autora da novela Os bicos feridos (Premio Viadutos 2018), adaptada dúas veces ao teatro, e de FIM. Unha historia do Intercéltico (2024), ademais de publicar en varias antoloxías. No ámbito escénico, coautora da peza O Novo (FIOT de Carballo 2025), que combina clown e lirismo para reflexionar sobre a vellez e a hipertecnificación. O seu perfil complétase cunha sólida traxectoria en mediación cultural, crítica teatral, coordinación de proxectos literarios (como o FLIV) e xurado en diversos certames.

SARAH STUTTE

Aarón Sánchez Rodera (Aarón Zentolo) deseñador gráfico con 22 anos de experiencia profesional no sector creativo. Dende 2010 deseñador senior en reizentolo, mesturando a diario a retranca galega coa cultura pop. Especializado en deseño textil, merchandising, branding, ilustración e maquetación de proxectos editoriais.