Vehículos Fantásticos: Scooby-Doo – The Mystery Machine (2002)

LUGAR

31/10/2026-1/11/2026
12-14 h / 16-20 h.
Rúa do Río

CURTAS 2026 | Photocall

Vehículos Fantásticos: Scooby-Doo – The Mystery Machine (2002)

O misterio e a diversión sobre rodas achegan a Curtas Festival do Imaxinario!

Como parte dos nosos Vehículos Fantásticos, unha réplica exacta da mítica furgoneta de Scooby-Doo, a inconfundible Mystery Machine inspirada na versión vista na película de acción real de 2002, fará parada en Vilagarcía durante as xornadas do 31 de outubro e do 1 de novembro. O icónico vehículo que leva facendo soñar a pequenos e maiores dende 1969 únese á celebración do Samaín Arrepiante para traer toda a intriga e a maxia do can máis famoso do mundo.