
Curtas Festival do Imaxinario foi galardoado coa EFFE Label 2026-2027, o distintivo de calidade europeo que premia aos festivais artísticos máis destacados do continente. Este recoñecemento, outorgado pola Asociación Europea de Festivais (EFA) co apoio da Comisión Europea, integra a Curtas nunha rede de elite que celebra a excelencia, a innovación e o impacto cultural. Recoñecendo así o compromiso artístico, a implicación coa comunidade e a proxección do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Galicia.
A EFFE Label non só valora a calidade da programación artística, senón que pon unha énfase especial en tres piares fundamentais que definen aos festivais modernos: o compromiso artístico, a capacidade de involucrar á comunidade local e unha decidida perspectiva internacional e europea.
Para Curtas Festival do Imaxinario a obtención deste selo supón unha lombeirada definitiva á súa traxectoria e ao seu modelo de xestión cultural. Recoñece o esforzo por traer a Vilagarcía de Arousa o mellor do cinema fantástico mundial, á vez que se fomenta a creación de públicos e dinamízase o tecido cultural de Galicia.
“Recibir a EFFE Label é unha honra e unha validación do traballo duro que todo o noso equipo realiza ano tras ano”, declara Luis M. Rosales, director do festival. “Este selo certifica que desde Galicia estamos a facer un festival con estándares europeos, conectado co noso contorna pero cunha mirada global. É un premio que compartimos co noso público, institucións e patrocinadores, cuxo apoio é vital”.
Con este recoñecemento, Curtas Festival do Imaxinario reforza a súa posición como evento de referencia e prepárase para unha próxima edición con enerxías renovadas e o aval de pertencer á comunidade de festivais máis importante de Europa.