Curtas 60 segundos de Terror

CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO coa colaboración de PRODUCCIONES MUTANTES e o guionista ÁNGEL AGUDO,  complácense en anunciar o concurso 60 SEGUNDOS DE TERROR. Un concurso que quere dar a oportunidade a novos realizadores para rodar unha curtametraxe dun minuto que se presentará no ano 2025.
BASES DE PARTICIPACIÓN
    1. Presentaráse como máximo un guion dun minuto de duración por participante.
    2. A temática de dito guion será fantástica, terror, ou ciencia ficción
    3. Designanse 5 localizacións da cidade de Vilagarcía de Arousa nas que poderá suceder a historia reflectida no guión. As localizacións son as seguintes:
      1. Praia Concha-Compostela
      2. Praia Bamio
      3. Contorna Pazo Vista Alegre
      4. Mirador de Xiabre
      5. Illa de Cortegada
    4. O guionista ÁNGEL AGUDO (Apocalipsis Z, Sweet Home, Estación Rocafort, El Punto Frío) seleccionará os 5 guións gañadores e asesorará aos mesmos para a mellora do guión.
    5. Curtas Festival do Imaxinario comprometese a poñér a disposición dos participantes a equipación e asistencia técnica profesional tanto no departamento de imaxe como no departamento de son..
    6. Os participantes faranse cargo tanto do departamento de arte como do casting do seu guión.
    7. Curtas Festival do Imaxinario coordinará as datas de rodaxe coas diferentes equipas seleccionadas e as equipas dos mesmos disporán dun tempo máximo de rodaxe dunha xornada de 8 horas durante a primaveira de 2025.
    8. O proceso de postproducción dependerá de cada `participante contando coa asesoria de postproducción de son, cor, etc…
    9. Cada participante deberá ser responsable e contar cos permisos de todos os dereitos sobre a súa obra, autoría do guión, banda sonora, etc. Sendo a responsabilidade de cada un deles e non tendo o festival responsabilidade algunha.
    10. Os participantes incluirán na cabeceira de cada curta os logos de Curtas Festival do Imaxinario presenta así como os dos principais patrocinadores do evento, e cederán os dereitos de exhibición da obra resultante ao Festival para a súa primeira exhibición pública nun evento especial a celebrar durante o 2025.
    11. O prazo de presentación dos guións realizarase mediante correo electrónico a 60segundos@curtas.org.
    12. O prazo de presentación remata o 15 de marzo de 2025.