Curtas Festival do Imaxinario convoca os seus novos concursos de Pinchos Arrepiantes e Escaparates Fantásticos

Curtas Festival do Imaxinario abre o prazo de inscrición para dúas novas iniciativas dirixidas a involucrar á hostalaría, ao comercio e aos servizos de Vilagarcía de Arousa na atmosfera do festival: o I Concurso de Pinchos Arrepiantes e o I Concurso de Escaparates Fantásticos.

Ambas propostas teñen como obxectivo dinamizar a actividade económica e social da vila, ofrecendo a veciños e visitantes unha experiencia mergullada de cheo no cine de xénero (fantasía, terror e ciencia ficción) entre o 23 de outubro e o 1 de novembro.

Pinchos - Curtas Festival do ImaxinarioI Concurso de Pinchos Arrepiantes

Proposta orientada aos establecementos de hostalaría e restauración de Vilagarcía de Arousa para poñer a proba a súa creatividade gastronómica.

  • Temática: Inspirada no xénero fantástico (fantasía, terror ou ciencia ficción).
  • Prezo máximo da tapa: 5 € por proposta.
  • Prazo de inscrición: Ata o 20 de outubro.
  • Formulario de inscrición: Acceder ao formulario de inscrición para Pinchos Arrepiantes
  • Premios: O establecemento gañador recibirá un diploma acreditativo e un premio en metálico de 100 €.
  • Difusión: A organización facilitará un cartel de “Establecemento Participante” e promocionará as propostas gastronómicas nas canles e redes sociais oficiais do festival.

Escaparates - Curtas Festival do ImaxinarioI Concurso de Escaparates Fantásticos

Iniciativa dirixida a comercios, establecementos de hostalaría e locais de servizos de Vilagarcía de Arousa para engalanar os seus escaparates e accesos.

  • Temática: Decoración inspirada no xénero fantástico (fantasía, terror ou ciencia ficción).
  • Exposición: Os escaparates deberán estar decorados e operativos do 23 de outubro ao 1 de novembro.
  • Formulario de inscrición: Acceder ao formulario de inscrición para Escaparates Fantásticos
  • Premios: O comercio con mellor valoración artística e orixinalidade recibirá un diploma acreditativo e un premio en metálico de 100 €.

Valoración do xurado e bases

Un xurado designado por Curtas Festival do Imaxinario visitará os locais participantes durante as datas do certame para valorar a orixinalidade, a calidade artística e a integración temática de cada proposta. Podes consultar as bases nos formularios de inscripción.