Concurso de Balcóns e Fiestras Arrepiantes

Es amante do terror, a ciencia ficción e a fantasía e vives en Vilagarcía! Participa no I Concurso de Balcóns e Fiestras Arrepiantes de Curtas Festival do Imaxinario.

Saca o teu lado máis creativo e decora o teu balcón ou fiestra para encher as rúas de Vilagarcía dun ambiente único e cinéfilo do 23 de outubro ao 1 de novembro.

As únicas condicións son a de que debe ser visible dende a rúa, e debes de mantelo do 23 de outubro ao 1 de novembro.

Participar é tan doado como subir unha foto da túa decoración á nosa web!

O balcón ou fiestra gañadora levará un pack de merchandising exclusivo do festival + algunha sorpresa!

Anímate a transformar a túa fachada en todo un escenario de película!

Participa: https://forms.gle/naY2YFf2BESUbPtL7

Balcons e fiestras Arrepiantes - Curtas Festival do Imaxinario